Comenza o curso e dende o Club Aventura propomos unha nova saída que será no concello de Covelo, “Ruta do Xabriña”. Todo aquel que queira participar, só ten que presentarse este domingo día 2, na entrada do colexio sobre as 10:15 da mañá. Nesta ocasión levaremos a comida e aproveitaremos o día para gozar do contacto coa natureza.
Facemos dende rutas de senderismo, rafting, ata acampadas.... o importante é facelo todos xuntos. Sempre con armonía e diversión. E coma unhas imaxes valen máis ca mil palabras...