Comenza o curso e dende o Club Aventura propomos unha nova saída que será no concello de Covelo, “Ruta do Xabriña”. Todo aquel que queira participar, só ten que presentarse este domingo día 2, na entrada do colexio sobre as 10:15 da mañá. Nesta ocasión levaremos a comida e aproveitaremos o día para gozar do contacto coa natureza.
Facemos dende rutas de senderismo, rafting, ata acampadas.... o importante é facelo todos xuntos. Sempre con armonía e diversión. E coma unhas imaxes valen máis ca mil palabras...
Seguimos na busca de aventuras dende o Club Aventura propomos unha nova saída, que será a ruta “Dos Carranos” e comeremos na “Praia fluvial de Maceira”.
Todo aquel que queira participar, só ten que presentarse este domingo día 3, na entrada do colexio sobre as 10:15 da mañá. Se chovese, posporiamos a ruta.
Nesta ocasión levaremos a comida, calzado de reposto e aproveitaremos o día para gozar do contacto coa natureza.
Dende o Club de Aventura propomos unha nova saída que será no Rosal: “Muíños do Picón e do Folón”.
Características da ruta: praticable para nenos de todas as idades. Recomendacións: calzado cómodo e unha muda. Observacións: a ruta non é accesible para carros de bebé.
Nesta ocasión levaremos a comida e aproveitaremos o día para gozar do contacto coa natureza.
Todo aquel que queira participar, só ten que presentarse este domingo día 6 na entrada do colexio sobre as 10:15 da mañá. Coidado rezagados/as, procuremos ser puntuais.