4 jul 2010

Consellos



-AS PERSOAS QUE ACUDAN CON NENOS E NENAS SON PLENAMENTE RESPONSABLES DE ELES E ELAS NAS EXCURSIÓNS E, DEBEN EQUIPALOS ADECUADAMENTE CON: ABRIGO, IMPERMEABLE, MUDAS NECESARIAS...

Aos nenos e nenas gústanlles:
 
 -Subir e baixar rochas e outeiros, meterse nas casas en ruínas...

Tamén algúns nenos e nenas: collen paos, levantan e tiran pedras ...
Tirar pedras ou xogar con paos supón un risco para eles/elas e para os demais. 
 Os pais/nais ou acompañantes deben estar pendentes de eles/elas e dos posibles riscos que poidan atopar no campo.

É importante equipar ben aos nenos e nenas tendo en conta o tempo atmosférico: abrigo, impermeable, boas botas, bos calcetíns, gorra para o sol e protección solar...
Tamén debedes levar mudas de roupa por se se mollan, (os nenos e nenas gozan cos charcos e con todo o relacionado coa auga). Estas mudas son: Pantalóns, calcetíns,  zapatos, abrigo...
Non esquezades as medicinas que poidan necesitar os nenos e nenas. E ademáis lembradevos de levarlles un pequeño aperitivo para o alto no camiño.
Seguindo estas pequenas recomendacións, eles e elas gozarán plenamente do aire libre, da natureza e da amizade no campo.


GRAZAS POLA VOSA
ATENCION

Sinais

Tipos e sinalización dos sendeiros

Sendeiros de percorrido curto
Tamén denominados P.R.Son sendeiros cuxo trazado nunca supera os 50 km. Algúns comezan e rematan no mesmo punto, chamados entón "Sendeiros Circulares". Noutras ocasións percorren espazos de gran valor natural, normalmente son curtos e comezan e rematan no mesmo sitio; son os "Sendeiros Ecolóxicos". Tamén pode suceder que partan dun G.R. ou Sendeiro de Gran Percorrido (máis de 50 km.) e se acheguen a zonas de valor paisaxístico, cultural, etc.


Sendeiros de gran percorrido
Tamén chamados G.R: ., engloban os sendeiros de máis de 50 km e a súa lonxitude é moi variable, posto que se traballa continuamente enlazando uns con outros e unindo países por medio deles.

Variantes
Son sendeiros que se separan do trazado principal para unirse de novo máis adiante. Noméanse igual que o sendeiro principal, pero con outro número a continuación.. Ex:G.R-64 e G.R-64.1

Derivacións
Son rutas que parten do sendeiro principal para levarnos a unha paraxe natural, un refuxio, un monumento, etc. A sinalización é idéntica para os P.R. e os G.R., cunha liña diagonal de cor branca.